2011年8月27日土曜日

Acto solidario coas víctimas do terremoto de Xapón en O Grove

O pasado xoves día 25 de Agosto, o restaurante de O Grove "O culler de pau" acolleu un acto solidario coas vítimas do terremoto de Xapón ó que asistiron uns 50 invitados tanto galegos como xaponeses.


Máis información e fotos en: Todo O Grove

2011年3月15日火曜日

ガリシアは、日本のために祈る。勇気!


Axuda para Xapón desde Santiago de Compostela:
  • Grupo de Facebook creado por estudiantes xaponeses en Compostela:
    www.facebook.com/groups/ayuda.para.japon.desde.santiago
  • Grupo de Facebook mail:
    ayuda.para.japon.desde.santiago [arroba] groups.facebook.com

2010年6月6日日曜日

Toru Sonoda na XXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros 2010

O próximo 12 de Xuño daránse cita no Castelo de Monterrei (Verín) dez destacados grupos e solistas de música folk na XXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Haberá unha notable representación galega, pero tamén cántabra, italiana, serbia, escocesa e incluso xaponesa. O gaiteiro xaponés Toru Sonoda, asentado en Alemaña, deleitaranos coa súa música nesta fermosa fortaleza de Verín.

Web do artista: www.bagpipesonoda.eu

2009年11月7日土曜日

Sakamoto Ryuichi en Compostela

O ciclo musical 'Sons da diversidade' trae a Santiago de Compostela ao compositor xaponés Ryuichi Sakamoto, coñecido por ser autor de bandas sonoras para películas como 'Benvido Mr. Lawrence', 'O Último Emperador' ou 'O Ceo Protector'.

Ryuichi Sakamoto chega a Santiago para presentar o seu primeiro álbum en solitario en cinco anos, titulado 'Playing the Piano', e dentro da súa primeira xira en solitario desde hai case unha década.

Auditorio de Galicia
13.11.2009 - 21.00 h
Taquilla 15 €



Fonte: Santiago Turismo
Páxina web oficial do artista: www.sitesakamoto.com
Prensa:

2009年11月4日水曜日

Xapón en Cineuropa 2009 / 2009年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de seis películas xaponesas: "Tokyo Sonata", "Megane", "Senjo no Merry Christmas", "Nanayomachi", "Ai no mukidashi" e "Gake no ue no Ponyo". Prezo: 3€.

*TOKYO SONATA /「トウキョウソナタ」:

Director/監督: Kiyoshi Kurosawa/黒沢 清
P. web oficial/公式ウェブサイト: tokyosonatamovie.com
Sinopse Cineuropa:

Tokyo sonata é o retrato dunha familia xaponesa aparentemente normal. O pai que de repente perde o traballo ocúltalle a verdade á súa familia; o fillo maior que está no instituto apenas pasa pola casa; o fillo máis novo toma leccións de piano ás agachadas sen llelo dicir aos seus pais; e a nai, que sabe que o seu papel é manter a familia unida, non atopa suficientes ganas para o facer. Dalgún modo, un profundo abismo apareceu dentro da familia, e esténdese rápida e silenciosamente para desintegralos.

Trailer: www.youtube.com/watch?v=lyWp__jXNRw

Horario: Días 4 (ás 20: 00h no Salón Teatro), 5 (ás 18:00h na Aula Sociocultural Caixa Galicia) e 6 (ás 20:00h na Aula Sociocultural Caixa Galicia) de Novembro.

*MEGANE (Gafas) / めがね」:

Director/監督: Naoko Ogigami /荻上直子
P. web oficial/公式ウェブサイト: www.vap.co.jp/megane
Sinopse Cineuropa:

Unha historia que redescobre o pracer das cousas sinxelas e o estimulante que pode ser perder o tempo contemplando a liña do horizonte. A protagonista verá como cambia a súa vida a partir do encontro cunha misteriosa muller que semella que marca o ritmo vital dos personaxes que habitan a praia, na que os móbiles non funcionan e durmir a sesta é case obrigatorio.

Trailer: www.youtube.com/watch?v=5AFvUOOMrKs

Horario: Días 5 (ás 18: 00h no Teatro Principal), 6 (ás 16:00h no Salón Teatro) e 7 (ás 23:45h na Aula Sociocultural Caixa Galicia) de Novembro.

*SENJO NO MERRY CHRISTMAS (Bo Nadal, Mr Lawrence) / 戦場のメリークリスマス

Director/監督: Nagisa Oshima/大島 渚
P. web/ウェブサイト: www.imdb.com/title/tt0085933
Sinopse Cineuropa:

Durante a Segunda Guerra Mundial o soldado británico Jack Celliers (David Bowie) chega a un campo de prisioneiros xaponés. O comandante do campo cre firmemente en valores como a disciplina, o honor e mais a gloria. Na súa opinión os soldados aliados son uns covardes cando se entregan no canto de se suicidaren. Un dos prisioneiros trata de lles explicar aos compañeiros a forma de pensar dos xaponeses, pero
estes considérano un traidor.

Trailer: www.youtube.com/watch?v=7JTroFovUXw

Horario: Día 11 de Novembro ás 20: 00h na Fundación Caixa Galicia.

*NANAYOMACHI (Nanayo) / 七夜待

Director/監督: Naomi Kawase/河瀨直美
P. web oficial/公式ウェブサイト: www.nanayomachi.com
Sinopse Cineuropa:

Unha muller nova deixa o traballo e mais a súa parella en Xapón para empezar unha nova vida en Thailandia. A película detalla o encontro de diversos personaxes de diferente nacionalidade nunha escola de masaxes en medio da selva tailandesa. A falta dunha linguaxe común, a arte tradicional da masaxe será o vínculo entre uns personaxes que acabarán formando unha estraña e feliz familia.

Trailer: www.youtube.com/watch?v=5g2KGj9cIik

Horario: Días 11 (ás 22: 00h no Salón Teatro), 12 (ás 22:00h no Salón Teatro) e 14 (ás 16:00h no Teatro Principal) de Novembro.

*AI NO MUKIDASHI (Love Exposure) / 愛のむきだし

Director/監督: Sion Sono/園 子温
P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ai-muki.com
Sinopse Cineuropa:

O mozo Yu (Nishijima Takahiro) medrou no seo dunha familia católica. Vive co seu pai, que despois de enviuvar se fixo sacerdote pero enfronta as tentacións do mundo terreal. El mesmo empeza a desenvolver un hobby secreto: deambular pola cidade na procura de mozas fermosas e roubarlles fotos das súas entrepernas.

No medio de semellante festival do contrapicado coñece a Yoko (Mitsushima Hikari), unha moza karateka que o engaiola... pero é a filla dunha íntima amiga do seu pai. De pronto un estraño culto relixioso interfire nas súas vidas e afasta a Yu dos seus…

E isto é só o comezo do último capricho do director de Suicide Club, un magnum opus de catro horas de duración! que salta dun xénero para outro nun éxtase bulímico e demoledor. Herexía, sangue a chorros, lesbianismo, espadas samurai… Que máis se pode pedir? Ah, si: di Sono que «o máis importante é o amor».

Trailer: www.youtube.com/watch?v=5Fxa5NuVrqU

Horario: Día 28 de Novembro ás 23: 45h no Teatro Principal.

*GAKE NO UE NO PONYO (Ponyo no acantilado) / 崖の上のポニョ

Director/監督: Hayao Miyazaki/宮崎駿
P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ghibli.jp/ponyo
Sinopse Cineuropa:

Sosuke, un meniño de cinco anos, vive no máis alto dun acantilado que dá ao mar. Unha mañá, mentres xoga nunha praia rochosa que hai debaixo da súa casa, tropeza cunha «peixiña» de cores que se chama Ponyo e que ten a cabeza atascada nun tarro de marmelada. Sosuke rescátaa e gárdaa nun caldeiro verde de plástico.

Ponyo e Sosuke senten unha fascinación mutua. El dille: «Non te preocupes, heite protexer e coidar». Con todo, o pai de Ponyo, Fujimoto, que noutro tempo foi humano e agora é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano, obrígaa a que regrese con el ás profundidades do mar. «Quero ser humana!», exclama Ponyo e, decidida a se converter nunha nena e regresar con Sosuke, escapa.

Ponyo no acantilado é unha aventura máxica sobre a forza da amizade e o poder da natureza que traslada á gran pantalla a particular visión do director sobre o conto da Sereíña.

Trailer: www.youtube.com/watch?v=MXI7x6ExPuc

Horario: Día 2 de Decembro ás 11: 00h no Teatro Principal.

2009年3月25日水曜日

GaliciaXapón en Facebook



A partir de agora, as nosas actividades organizaránse a través do noso grupo en Facebook. Se eres estudante de xaponés do CLM en Santiago de Compostela, da EOI de Vigo ou da EOI de Coruña, ou estudante xaponés de intercambio en Galicia, non dubides en unirte!

2009年3月12日木曜日

Haruki Murakami en Santiago de Compostela

O escritor xaponés Haruki Murakami estivo onte, mércores 11 de Marzo, en Santiago de Compostela para recibir o premio San Clemente e presentar o seu novo libro "Do que estou a falar cando falo de correr", traducido ó galego pola Editorial Galaxia.

Murakami fixo gala do seu gran sentido do humor durante a súa charla no Café Casino, onde firmou libros a tódolos presentes e se deixou fotografar cos seus fans.

LINKS
VIDEO



FOTOS




2008年12月13日土曜日

4º Cea Galicia + Xapón: Menú/第4回日本ガリシア交流会~献立~



A 4º Cea Galicia + Xapón, que tivo lugar o 11 de Decembro, contou en total con 19 asistentes (6 xaponeses e 13 galegos). O menú do que desfrutamos foi este:
12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されました。参加者は19名(日本人6名、ガリシア人13名)。献立は以下のようなものでした。

COMIDA XAPONESA/和食

* Maki de ensalada/巻き寿司
* Okonomiyaki/お好み焼き
* Arroz con salsa de curry/カレーライス
* Niku Jaga/肉じゃが

COMIDA ESPAÑOLA/スペイン料理

* Tortilla de patacas/トルティージャ(スペイン風オムレツ)
* Empanada de zamburiñas/サンブリーニャ貝のエンパナーダ(パイ皮包み揚げ)
* Polo ó xenxibre/鶏の生姜焼き
* Molete de pan/ロールパン

POSTRES/デザート

* Tarta de queixo/チーズケーキ
* Tarta de chocolate/チョコレートケーキ
* Arroz con leite/アロース・コン・レチェ
* Filloas/フィジョーア(ガリシア風クレープ)
* Panacotta/パンナコッタ
* Leite fritida/レチェ・フリッタ(牛乳を揚げたデザート)

2008年12月9日火曜日

4ºCena Galicia+Xapón/第4回日本ガリシア交流会


La 4º cena de intercambio gastronómico Galicia+Xapón (la primera del curso 08/09) tendrá lugar el día 11 de Diciembre, a partir de las 20:30h, en Santiago de Compostela.
来る12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されます!今年度初めての夕食会はサンティアゴにて20時半開始です。

Los interesados pueden enviarnos un email solicitando más información a: galiciaxapon arroba gmail.com
興味のある方は、galiciaxaponあっとまーくgmail.comにご連絡ください☆

Itadakimasu!
いただきます!!

2008年11月27日木曜日

Expo "Galicia Dixital"/「ガリシア・デジタル」展










"Galicia Dixital" é unha exposición permanente que se pode visitar no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
「ガリシア・デジタル」は、サンティアゴの聖マルティーニョ・ピナーリオ修道院で常設展示されています。

A exposición amósanos Galicia, sobretodo o casco vello de Santiago de Compostela, dende un punto de vista dixital e audiovisual con imaxes en tres dimensións.
展示室では、ガリシアの町並み、特にサンティアゴデコンポステーラ旧市街をデジタル処理された3D画像やオーディオでご覧いただけます。

Armados cunhas gafas 3D con filtros polarizadores, os visitantes poden desfrutar dun paseo polas distintas prazas do casco vello, dunha viaxe en montaña rusa a través das rúas da cidade grazas a un simulador, dunha viaxe submarina polas rías de Galicia ou dunha viaxe polos Ancares guiados por un urogalo. Tamén poderán exercer de tiraboleiros virtuais e mover o botafumeiro da Catedral de Santiago ou mover a auga dunha fonte virtual sen tocala.
3D偏光メガネをかけることで、旧市街の広場や、市街をジェットコースターで巡る旅、ガリシアのリアス(溺れ谷)の潜水映像、大雷鳥にガイドされながらのアンカーレスの旅などを楽しむことができます。また、バーチャルでサンティアゴ大聖堂のティラボレイロを引っ張り、ボタフメイロ(巨大な香炉)を動かすことができます。さらに、泉の水を触らずに動かすこともできます。

Os horarios son os seguintes/開館時間:
  • de Luns a Sábado:/月曜~土曜 10:30h -14:00h / 16:00h - 20:30h
    - últimos pases/最終入場時刻: 13:00h / 19:30h
  • os Domingos/日曜閉館: pechado
Tódalas visitas son guiadas e gratuítas.
全てガイド付きで、入場無料です。