*TOKYO SONATA /「トウキョウソナタ」:

P. web oficial/公式ウェブサイト: tokyosonatamovie.com
Sinopse Cineuropa:
Tokyo sonata é o retrato dunha familia xaponesa aparentemente normal. O pai que de repente perde o traballo ocúltalle a verdade á súa familia; o fillo maior que está no instituto apenas pasa pola casa; o fillo máis novo toma leccións de piano ás agachadas sen llelo dicir aos seus pais; e a nai, que sabe que o seu papel é manter a familia unida, non atopa suficientes ganas para o facer. Dalgún modo, un profundo abismo apareceu dentro da familia, e esténdese rápida e silenciosamente para desintegralos.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=lyWp__jXNRw
*MEGANE (Gafas) / 「めがね」:

P. web oficial/公式ウェブサイト: www.vap.co.jp/megane
Sinopse Cineuropa:
Unha historia que redescobre o pracer das cousas sinxelas e o estimulante que pode ser perder o tempo contemplando a liña do horizonte. A protagonista verá como cambia a súa vida a partir do encontro cunha misteriosa muller que semella que marca o ritmo vital dos personaxes que habitan a praia, na que os móbiles non funcionan e durmir a sesta é case obrigatorio.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5AFvUOOMrKs
*SENJO NO MERRY CHRISTMAS (Bo Nadal, Mr Lawrence) / 「戦場のメリークリスマス」

P. web/ウェブサイト: www.imdb.com/title/tt0085933
Sinopse Cineuropa:
Durante a Segunda Guerra Mundial o soldado británico Jack Celliers (David Bowie) chega a un campo de prisioneiros xaponés. O comandante do campo cre firmemente en valores como a disciplina, o honor e mais a gloria. Na súa opinión os soldados aliados son uns covardes cando se entregan no canto de se suicidaren. Un dos prisioneiros trata de lles explicar aos compañeiros a forma de pensar dos xaponeses, pero
estes considérano un traidor.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=7JTroFovUXw
*NANAYOMACHI (Nanayo) / 「七夜待」

P. web oficial/公式ウェブサイト: www.nanayomachi.com
Sinopse Cineuropa:
Unha muller nova deixa o traballo e mais a súa parella en Xapón para empezar unha nova vida en Thailandia. A película detalla o encontro de diversos personaxes de diferente nacionalidade nunha escola de masaxes en medio da selva tailandesa. A falta dunha linguaxe común, a arte tradicional da masaxe será o vínculo entre uns personaxes que acabarán formando unha estraña e feliz familia.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5g2KGj9cIik
*AI NO MUKIDASHI (Love Exposure) / 「愛のむきだし」

P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ai-muki.com
Sinopse Cineuropa:
O mozo Yu (Nishijima Takahiro) medrou no seo dunha familia católica. Vive co seu pai, que despois de enviuvar se fixo sacerdote pero enfronta as tentacións do mundo terreal. El mesmo empeza a desenvolver un hobby secreto: deambular pola cidade na procura de mozas fermosas e roubarlles fotos das súas entrepernas.
No medio de semellante festival do contrapicado coñece a Yoko (Mitsushima Hikari), unha moza karateka que o engaiola... pero é a filla dunha íntima amiga do seu pai. De pronto un estraño culto relixioso interfire nas súas vidas e afasta a Yu dos seus…
E isto é só o comezo do último capricho do director de Suicide Club, un magnum opus de catro horas de duración! que salta dun xénero para outro nun éxtase bulímico e demoledor. Herexía, sangue a chorros, lesbianismo, espadas samurai… Que máis se pode pedir? Ah, si: di Sono que «o máis importante é o amor».
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5Fxa5NuVrqU
*GAKE NO UE NO PONYO (Ponyo no acantilado) / 「崖の上のポニョ」

P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ghibli.jp/ponyo
Sinopse Cineuropa:
Sosuke, un meniño de cinco anos, vive no máis alto dun acantilado que dá ao mar. Unha mañá, mentres xoga nunha praia rochosa que hai debaixo da súa casa, tropeza cunha «peixiña» de cores que se chama Ponyo e que ten a cabeza atascada nun tarro de marmelada. Sosuke rescátaa e gárdaa nun caldeiro verde de plástico.
Ponyo e Sosuke senten unha fascinación mutua. El dille: «Non te preocupes, heite protexer e coidar». Con todo, o pai de Ponyo, Fujimoto, que noutro tempo foi humano e agora é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano, obrígaa a que regrese con el ás profundidades do mar. «Quero ser humana!», exclama Ponyo e, decidida a se converter nunha nena e regresar con Sosuke, escapa.
Ponyo no acantilado é unha aventura máxica sobre a forza da amizade e o poder da natureza que traslada á gran pantalla a particular visión do director sobre o conto da Sereíña.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=MXI7x6ExPuc
0 件のコメント:
コメントを投稿