2008年9月22日月曜日

Termas A Chavasqueira/ガリシアの温泉

En Galicia tedes a oportunidade de visitar e disfrutar dunhas augas termais naturais ó estilo xaponés. ¿Onde? No conxunto termal "Termas Chavasqueira-Ourense Spa" da cidade de Ourense. O recinto, deseñado coma un Onsen xaponés, conta con tres rotenburos de 40º, 39º e 41º respectivamente. Ademais posúe un Sudarium (sauna) e un Templarium maís propios da época dos romanos.
ガリシアには、何と日本風の天然温泉があります!場所はガリシア地方中部のオウレンセという町。
"Termas Chavasqueira-Ourense Spa" という温泉で、露天風呂が三つあるそうです。

Esta fin de semana tiven a ocasión de ir e gustáronme moito. É un lugar moi relaxante e silencioso. Malia que son unha persoa que aguanta mal as altas temperaturas, fun quen de estar 5 min en cada un dos rotenburos. O normal é botar 10-15 min en cada un, eu son un caso especial.. No último rotenburo podíase repetir cantas veces quixeras, sempre que pasaras pola piscina de auga fría cada 10-15 min. Cabe sinalar que a auga déixate a pel moi suave!
温泉レポートに行ったのは、交流会の会長なのですが、とてもお気に召したようです↑↑


Ademáis dos rotenburos, na entrada ó recinto hai unha cafetería onde serven e venden comida xaponesa. Tiñan sushi, temaki, maki, sopa de miso, té verde, raamen e sake.
また、温泉地にはレストランがあり、お寿司やラーメン、お味噌汁、お茶、お酒が楽しめるそうです。

¿Que necesitas para entrar? Bañador, toalla e chanclas, así como 3'50€ para a entrada.
入浴には、水着・タオル・ビーチサンダルが必要だそうです。入湯料3.5ユーロなり。

Para ver fotos do interior (non deixaban sacar fotos) ide á súa páxina web oficial: http://www.termaschavasqueira.com/
ガリシアの天然温泉に関する詳細は上記のウェブサイトをご覧ください。

6 件のコメント:

匿名 さんのコメント...

Polo que eu teño oido ,as termas de Outariz son incluso mellores cas da Chavasqueira.Aunque persoalmente non podo opinar xa que non visitei ningunha das duas,pero agora que empeza o inverno penso ir as duas para comparar.

Saudos

Galicia + Xapon 日本ガリシア交流会 さんのコメント...

Non visitei as termas de Outariz, pero están cerca das da Chavasqueira non?

Se vas dános a túa opinión! ^^

Lydia

匿名 さんのコメント...

Cando vaia ,informareite e intentarei sacar fotos e fixarme no maximo numero de detalles posibles.
As termas de Outariz estan mais alexadas do que é a cidade de Ourense,pero hay un "tren" que non sei se verias.O cal vai e ven levando a xente ata Outariz.

Jose Angel

Galicia + Xapon 日本ガリシア交流会 さんのコメント...

> Jose Angel

Hai un tren que te leva as termas? non o vin, pero que divertido XD

Se facemos a quedada para ir as termas quero ir no tren! jaja

masashi さんのコメント...

Eu tamén participar na esa quedada!XD

nora さんのコメント...

日本ガリシア交流会の立ち上げ、おめでとうございます。これからも頑張ってください。応援しております。