2008年12月13日土曜日

4º Cea Galicia + Xapón: Menú/第4回日本ガリシア交流会~献立~



A 4º Cea Galicia + Xapón, que tivo lugar o 11 de Decembro, contou en total con 19 asistentes (6 xaponeses e 13 galegos). O menú do que desfrutamos foi este:
12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されました。参加者は19名(日本人6名、ガリシア人13名)。献立は以下のようなものでした。

COMIDA XAPONESA/和食

* Maki de ensalada/巻き寿司
* Okonomiyaki/お好み焼き
* Arroz con salsa de curry/カレーライス
* Niku Jaga/肉じゃが

COMIDA ESPAÑOLA/スペイン料理

* Tortilla de patacas/トルティージャ(スペイン風オムレツ)
* Empanada de zamburiñas/サンブリーニャ貝のエンパナーダ(パイ皮包み揚げ)
* Polo ó xenxibre/鶏の生姜焼き
* Molete de pan/ロールパン

POSTRES/デザート

* Tarta de queixo/チーズケーキ
* Tarta de chocolate/チョコレートケーキ
* Arroz con leite/アロース・コン・レチェ
* Filloas/フィジョーア(ガリシア風クレープ)
* Panacotta/パンナコッタ
* Leite fritida/レチェ・フリッタ(牛乳を揚げたデザート)

2008年12月9日火曜日

4ºCena Galicia+Xapón/第4回日本ガリシア交流会


La 4º cena de intercambio gastronómico Galicia+Xapón (la primera del curso 08/09) tendrá lugar el día 11 de Diciembre, a partir de las 20:30h, en Santiago de Compostela.
来る12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されます!今年度初めての夕食会はサンティアゴにて20時半開始です。

Los interesados pueden enviarnos un email solicitando más información a: galiciaxapon arroba gmail.com
興味のある方は、galiciaxaponあっとまーくgmail.comにご連絡ください☆

Itadakimasu!
いただきます!!

2008年11月27日木曜日

Expo "Galicia Dixital"/「ガリシア・デジタル」展










"Galicia Dixital" é unha exposición permanente que se pode visitar no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
「ガリシア・デジタル」は、サンティアゴの聖マルティーニョ・ピナーリオ修道院で常設展示されています。

A exposición amósanos Galicia, sobretodo o casco vello de Santiago de Compostela, dende un punto de vista dixital e audiovisual con imaxes en tres dimensións.
展示室では、ガリシアの町並み、特にサンティアゴデコンポステーラ旧市街をデジタル処理された3D画像やオーディオでご覧いただけます。

Armados cunhas gafas 3D con filtros polarizadores, os visitantes poden desfrutar dun paseo polas distintas prazas do casco vello, dunha viaxe en montaña rusa a través das rúas da cidade grazas a un simulador, dunha viaxe submarina polas rías de Galicia ou dunha viaxe polos Ancares guiados por un urogalo. Tamén poderán exercer de tiraboleiros virtuais e mover o botafumeiro da Catedral de Santiago ou mover a auga dunha fonte virtual sen tocala.
3D偏光メガネをかけることで、旧市街の広場や、市街をジェットコースターで巡る旅、ガリシアのリアス(溺れ谷)の潜水映像、大雷鳥にガイドされながらのアンカーレスの旅などを楽しむことができます。また、バーチャルでサンティアゴ大聖堂のティラボレイロを引っ張り、ボタフメイロ(巨大な香炉)を動かすことができます。さらに、泉の水を触らずに動かすこともできます。

Os horarios son os seguintes/開館時間:
  • de Luns a Sábado:/月曜~土曜 10:30h -14:00h / 16:00h - 20:30h
    - últimos pases/最終入場時刻: 13:00h / 19:30h
  • os Domingos/日曜閉館: pechado
Tódalas visitas son guiadas e gratuítas.
全てガイド付きで、入場無料です。

2008年11月10日月曜日

Xapón en Cineuropa 2008/2008年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de tres películas xaponesas: "Aruitemo", "Ai no Yokan" e "Nobita no Kyoryu". Prezo: 3€.
今年のシネウロパ(映画祭)では、日本映画が三つ上映されます。上映作品は「歩いても」、「愛の予感」、「のび太の恐竜」で、料金は3ユーロです。

*ARUITEMO (Aínda camiñando)/「歩いても」:

Director/監督: Hirokazu Koreeda/是枝裕和
P. web oficial/公式ウェブサイト: aruitemo.com
Sinopse Cineuropa:

A película transcorre nun día de verán no que uns fillos xa adultos visitan os seus pais anciáns, que viviron durante décadas na residencia familiar. O fillo e mais a filla volven, xunto coas respectivas familias, para unha reunión inusual co fin de conmemorar a tráxica morte do fillo maior, que afogou por mor dun accidente quince anos atrás.

Aínda que a casa e o menú da nai apenas variaron co paso dos anos, aprécianse lixeiros cambios en cada un dos membros da familia. Trátase da típica familia na que o amor ten que convivir cos resentimentos e mais os segredos.

Trailer: http://es.youtube.com/watch?v=yQ0w7QCDbSQ

Horario: Días 12 (ás 22: 30h no Teatro Principal), 13 (ás 20:15h no Salón Teatro) e 15 (ás 22:00h no Teatro Principal) de Novembro.


* AI NO YOKAN (O renacemento)/「愛の予感」:

Director: Masahiro Kobayashi
Páxina web oficial: ainoyokan.com

Sinopse Cineuropa:

Unha moza asasina a puñaladas un compañeiro de colexio. Un ano despois, a nai da homicida e o pai da vítima atópanse. Ela é a cociñeira do hostal onde vive el. Aínda que desde o primeiro momento saben quen é o outro, nin se miran nin falan entre eles. Pero os dous recoñécense compañeiros de viaxe na dor.

Unha historia inzada de silencios, que vai da desesperación á redención, a través de dous personaxes que claudicaron ante a vida e que seguen a súa rutina e mais o traballo de forma mecánica, co único son dos pratos, as portas ou o interior dunha fábrica como fondo. O director de culto Masahiro Kobayashi ganou con esta obra o premio Leopardo de Ouro na última edición do Festival de Locarno.

Coma no resto dos filmes do director, a soidade e a ausencia seguen sendo unha constante en The Rebirth, se ben nesta ocasión Kobayashi consegue ir máis aló, nunha clara alusión ao renacemento do que fala o título.

Horario: Días 12 (ás 22:00h no Salón Teatro), 13 (ás 00:15 no Salón Teatro), 14 (ás 21:45 no Teatro Principal) de Novembro.


* NOBITA NO KYORYU (Doraemon e o pequeno dinosaurio)
「のび太と恐竜」:

Director: Ayumu Watanabe
Páxina web oficial: doraeiga.com/2006/

Sinopse Cineuropa:

"Oxalá atopara un fósil de dinosauro!", pensa o soñador Nobita. O resto do grupo tómao a broma, pero Nobita pon todo o empeño nesta nova misión para lles pechar a boca aos amigos. O máis sorprendente é que, na primeira escavación, dá cun ovo que ben podería ser dun animal prehistórico.

Axudado por Doraemon, Nobita consegue que do ovo naza un exemplar de futabasauro, unha especie autóctona de Xapón, que bautizan como Pisuke. Da noite para a mañá, Pisuke atrae a atención do barrio e dos medios de comunicación, de modo que Doraemon e Nobita deciden que o máis sensato é devolvelo ao seu hábitat prehistórico mediante a sempre útil máquina do tempo. Pero non todo é tan sinxelo como planearan. A irrupción duns cazadores de dinosauros sen escrúpulos complica o plan.

Horario: Día 27 de Novembro ás 11:00h no Teatro Principal

2008年10月19日日曜日

Exposición/展 "Totsukawamura: Corazón do Camiño"

O Museo de Peregrinacións de Santiago de Compostela acolle dende o 26 de Setembro do 2008 ata Xaneiro do 2009 unha mostra fotográfica temporal sobre o Camiño de Kumano (Xapón).

2008年9月26日から2009年1月まで、サンティアゴ・デ・コンポステーラの巡礼博物館にて日本の熊野古道についての写真展が行われます。

A exposición, do fotógrafo galego Luis Ocaña, amosa imaxes dun dos principais enclaves do camiño de peregrinación xaponés: Totsukawamura. Durante tres meses, Ocaña percorreu o camiño tomando fermosas instantáneas dun entorno natural de incríble beleza. Montañas, ríos e manantiais de augas termais enmarcan unha tradición milenaria perpetuada por peregrinos sintoístas, unha ruta sagrada recoñecida como Patrimonio da Humanidade.

Os horarios de visita son os seguintes: /開館時間

* de Martes a Venres(火曜〜金曜): 10:00h - 20:00h
* os Sábados(土曜): 10:30h - 13:30h / 17:00h - 20:00h
* os Domingos(日曜): 10:30h - 13:30h
* os Luns: pechado (月曜は休館)

A entrada é gratuíta.
入場無料です。

2008年10月11日土曜日

Colexio Maior (Santiago)/サンティアゴ大学寮

Ola! Se cursas o ano académico na USC, podes vivir no Colexio Maior (Campus Sur). Para os alumnos estranxeiros é mellor vivir nunha residencia universitaria porque é máis doado obter o certificado de vivenda, que é necesario para solicitar o visado no seu país. Pero... ollo! hai que ser estudande aceptado pola USC.

Ao principio de curso, normalmente, os alumnos de intercambio viven no Colexio Maior. Convives con galegofalantes, hispanofalantes e, tamén, con alumnos estranxeiros. No meu caso, puiden aprender o idioma galego e castelán fácilmente grazas ós meus compañeiros da residencia, a pesares de que tiven moitos problemas. Por suposto, tamén podes estudar o idioma na clase ou cos amigos que atopas en Santiago. Sen embargo, como se pasan moitas horas e moitos meses xuntos nunha residencia, ou nunha habitación se vives no Campus Sur, xa falas ben sen decatarte...

サンティアゴ生活は、アパート一人暮らし、ルームシェア、ホームステイなどの方法がありますが、僕は大学寮をオススメしています。理由は3つ。

①ビザ取得が楽(日本国内で大使館でビザを申請する際、大学寮の住居証明書が一番信用度が高く、申請もスムーズです。アパートやルームシェアだと、公証人を通さないといけないなど、ややこしいです。なので、初めて留学する大体の方は、大学寮かホームステイになります)

②安い(一番安いのはルームシェアですが、立地条件などを考えれば、それほど高くはないと思います。大体月々3万円~4万円です。)

③語学力アップ(初年度の場合、二人部屋になることが多いです。その場合、ネイティブと24時間生活をともにすることになるので、嫌でも語学力が付きます。また、寮はイベントも多く、友達を作りやすいのがメリットの一つだと思います。)

2008年10月6日月曜日

Exposición "Santiago-Kumano: Camiños de peregrinación"/写真展『祈りの道 サンティアゴ巡礼の道と熊野古道』

Dende o 2 ata o 26 de Outubro pódese disfrutar en Santiago dunha mostra fotográfica en blanco e negro sobre as dúas únicas rutas de peregrinaxe recoñecidas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano (Xapón).
10月2日から10月26日までの間、サンティアゴで「祈りの道」写真展が開催されます。世界遺産に登録されている巡礼の道は、「サンティアゴ巡礼」と「熊野古道」の二つしかなく、今回はその二つの道を白黒写真で描いています。

As fotografías, realizadas polo galego Luis Ocaña e o xaponés Tomohiro Muda, amosan con destreza a visión galega do Camiño de Kumano e a visión xaponesa do Camiño de Santiago. É unha mostra moi interesante, non vola perdades!
今回の展示会では、日本人の六田知弘氏とガリシア人のルイス・オカーニャ氏の作品をご覧になれます。日本人から見た「サンティアゴ巡礼の道」、ガリシア人から見た「熊野古道」というおもしろいコンセプトの展示会です。

A exposición está organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Prefectura de Wakayama en colaboración coa USC. Atópase na Igrexa da Universidade (ó lado da facultade de Historia), é gratuíta e na entrada dánche 4 folletos sobre Kumano e Wakayama, así como un marca-páxinas!
写真展はXestión do Plan Xacobeo社と和歌山県の共催、サンティアゴデコンポステーラ大学の協力で開催中です。場所はサンティアゴ大学歴史学部近くの大学教会で、入場無料です。ぜひ出かけてみてはいかがでしょうか。

Os horarios de apertura son:/開館時間

* de Martes a Sábado: 11:00-14:00h / 17:00-20:30h (火曜~土曜)
* os Domingos: 11:00-14:00h (日曜)
* os Luns: pechado (月曜閉館)

2008年9月30日火曜日

A gaita galega / ガイタ(ガリシアンバグパイプ)教室

Ola amigos/as,
son Yoshimichi, un estudante xaponés que estivo un ano en Santiago de Compostela durante o 2007-2008.

Cando estiven en Santiago, aprendín a tocar a gaita galega , que é un instrumento tradicional de Galicia.
Tiña clases dunha hora unha vez por semana.
Creo que é unha boa experiencia para achegarse máis á cultura galega.

"Cantigas e Agarimos" é unha escola de música que se atopa na zona vella de Santiago. Está cerca da Praza de Cervantes.
Aparte da gaita galega, pódese aprender a tocar a pandeireta e baile galego. As clases de gaita costáronme máis ou menos 150 euros por uns 8 meses (desde mediados de octubre ata mediados de xunio).
O prazo de matrícula é en Octubre e Febreiro, pero quizáis podes matricularte aínda que sexa fóra de prazo :)

僕は留学中、週に一回、旧市街にあるcantigas agarimosという名前の音楽教室でガリシア地方のバグパイプを習っていました。
週に一回一時間だけのレッスンで、しっかり学ぶには少し物足りないですが、授業に支障のでない程度に楽器や踊りを習うことができます。しかも、安いです。僕が受けていたガイタの初級は10月中旬〜6月中旬までの約8ヶ月で150ユーロ前後でした。ちなみに、ガイタ以外にもタンバリン、ガリシアの伝統舞踊などが習えます。
申し込み期間は一応10月と2月だったと思います。。でも、たぶん交渉次第で期間外でも大丈夫だと思います。
せっかくの留学生活なので、空いた時間を利用してぜひ何かにチャレンジしてみましょう!
Yoshimichi

2008年9月22日月曜日

Termas A Chavasqueira/ガリシアの温泉

En Galicia tedes a oportunidade de visitar e disfrutar dunhas augas termais naturais ó estilo xaponés. ¿Onde? No conxunto termal "Termas Chavasqueira-Ourense Spa" da cidade de Ourense. O recinto, deseñado coma un Onsen xaponés, conta con tres rotenburos de 40º, 39º e 41º respectivamente. Ademais posúe un Sudarium (sauna) e un Templarium maís propios da época dos romanos.
ガリシアには、何と日本風の天然温泉があります!場所はガリシア地方中部のオウレンセという町。
"Termas Chavasqueira-Ourense Spa" という温泉で、露天風呂が三つあるそうです。

Esta fin de semana tiven a ocasión de ir e gustáronme moito. É un lugar moi relaxante e silencioso. Malia que son unha persoa que aguanta mal as altas temperaturas, fun quen de estar 5 min en cada un dos rotenburos. O normal é botar 10-15 min en cada un, eu son un caso especial.. No último rotenburo podíase repetir cantas veces quixeras, sempre que pasaras pola piscina de auga fría cada 10-15 min. Cabe sinalar que a auga déixate a pel moi suave!
温泉レポートに行ったのは、交流会の会長なのですが、とてもお気に召したようです↑↑


Ademáis dos rotenburos, na entrada ó recinto hai unha cafetería onde serven e venden comida xaponesa. Tiñan sushi, temaki, maki, sopa de miso, té verde, raamen e sake.
また、温泉地にはレストランがあり、お寿司やラーメン、お味噌汁、お茶、お酒が楽しめるそうです。

¿Que necesitas para entrar? Bañador, toalla e chanclas, así como 3'50€ para a entrada.
入浴には、水着・タオル・ビーチサンダルが必要だそうです。入湯料3.5ユーロなり。

Para ver fotos do interior (non deixaban sacar fotos) ide á súa páxina web oficial: http://www.termaschavasqueira.com/
ガリシアの天然温泉に関する詳細は上記のウェブサイトをご覧ください。

2008年9月19日金曜日

Feira de viaxes/JATA世界旅行博

Mañá comeza a feira de viaxes en Tokio. O importante para nós é que vén a oficina de turismo de Santiago con promocións para aumentar os turistas xaponeses.

20 de setembro: 10:00-18:00
21 de setembro: 10:00-17:00
En Tokyo Big Sight
Entrada: 1200 yenes

Sen embargo, mañá vén un tifón a Tokio, por iso, tede coidado se ides.

明日から東京ビッグサイトで世界旅行博が一般公開です。なんと、サンティアゴ観光局が来ます。
シャコベオの年に向けて、日本人観光客を増やしたいと言っていました。これから日本でも、少しずつガリシアの知名度が上がるといいですね(^O^)
明日は台風上陸ですが、もし興味がありましたら、どうぞ!

JATA世界旅行博
9月20日(土)10:00-18:00
9月21日(日)10:00-17:00
場所:東京ビッグサイト東ホール
入場料:1200円
ガリシア的出展者:スペイン政府観光局、スペイン世界遺産都市、サンティアゴ巡礼、サンティアゴデコンポステーラ観光局