2008年11月10日月曜日

Xapón en Cineuropa 2008/2008年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de tres películas xaponesas: "Aruitemo", "Ai no Yokan" e "Nobita no Kyoryu". Prezo: 3€.
今年のシネウロパ(映画祭)では、日本映画が三つ上映されます。上映作品は「歩いても」、「愛の予感」、「のび太の恐竜」で、料金は3ユーロです。

*ARUITEMO (Aínda camiñando)/「歩いても」:

Director/監督: Hirokazu Koreeda/是枝裕和
P. web oficial/公式ウェブサイト: aruitemo.com
Sinopse Cineuropa:

A película transcorre nun día de verán no que uns fillos xa adultos visitan os seus pais anciáns, que viviron durante décadas na residencia familiar. O fillo e mais a filla volven, xunto coas respectivas familias, para unha reunión inusual co fin de conmemorar a tráxica morte do fillo maior, que afogou por mor dun accidente quince anos atrás.

Aínda que a casa e o menú da nai apenas variaron co paso dos anos, aprécianse lixeiros cambios en cada un dos membros da familia. Trátase da típica familia na que o amor ten que convivir cos resentimentos e mais os segredos.

Trailer: http://es.youtube.com/watch?v=yQ0w7QCDbSQ

Horario: Días 12 (ás 22: 30h no Teatro Principal), 13 (ás 20:15h no Salón Teatro) e 15 (ás 22:00h no Teatro Principal) de Novembro.


* AI NO YOKAN (O renacemento)/「愛の予感」:

Director: Masahiro Kobayashi
Páxina web oficial: ainoyokan.com

Sinopse Cineuropa:

Unha moza asasina a puñaladas un compañeiro de colexio. Un ano despois, a nai da homicida e o pai da vítima atópanse. Ela é a cociñeira do hostal onde vive el. Aínda que desde o primeiro momento saben quen é o outro, nin se miran nin falan entre eles. Pero os dous recoñécense compañeiros de viaxe na dor.

Unha historia inzada de silencios, que vai da desesperación á redención, a través de dous personaxes que claudicaron ante a vida e que seguen a súa rutina e mais o traballo de forma mecánica, co único son dos pratos, as portas ou o interior dunha fábrica como fondo. O director de culto Masahiro Kobayashi ganou con esta obra o premio Leopardo de Ouro na última edición do Festival de Locarno.

Coma no resto dos filmes do director, a soidade e a ausencia seguen sendo unha constante en The Rebirth, se ben nesta ocasión Kobayashi consegue ir máis aló, nunha clara alusión ao renacemento do que fala o título.

Horario: Días 12 (ás 22:00h no Salón Teatro), 13 (ás 00:15 no Salón Teatro), 14 (ás 21:45 no Teatro Principal) de Novembro.


* NOBITA NO KYORYU (Doraemon e o pequeno dinosaurio)
「のび太と恐竜」:

Director: Ayumu Watanabe
Páxina web oficial: doraeiga.com/2006/

Sinopse Cineuropa:

"Oxalá atopara un fósil de dinosauro!", pensa o soñador Nobita. O resto do grupo tómao a broma, pero Nobita pon todo o empeño nesta nova misión para lles pechar a boca aos amigos. O máis sorprendente é que, na primeira escavación, dá cun ovo que ben podería ser dun animal prehistórico.

Axudado por Doraemon, Nobita consegue que do ovo naza un exemplar de futabasauro, unha especie autóctona de Xapón, que bautizan como Pisuke. Da noite para a mañá, Pisuke atrae a atención do barrio e dos medios de comunicación, de modo que Doraemon e Nobita deciden que o máis sensato é devolvelo ao seu hábitat prehistórico mediante a sempre útil máquina do tempo. Pero non todo é tan sinxelo como planearan. A irrupción duns cazadores de dinosauros sen escrúpulos complica o plan.

Horario: Día 27 de Novembro ás 11:00h no Teatro Principal

0 件のコメント: