2012年8月25日土曜日

Exame NOKEN na Universidade de Santiago de Compostela



O 3 de Setembro ábrese o prazo de matriculación do exame NOKEN (Nihongo Nōryoku Shiken), un exame oficial de nivel para valorar o coñecemento da lingua xaponesa. Este exame organízase a nivel mundial a través da Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés. O exame realízase unha vez ó ano en España e celébrase o primeiro domingo de Decembro de cada ano.

O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e un importante valor curricular á hora de formarse en universidades xaponesas, solicitar becas educativas ó goberno xaponés ou buscar traballo en empresas xaponesas.  


NIVEIS:

NOKEN N1 (nivel Avanzado)

NOKEN N2 (nivel Medio alto)
NOKEN N3 (nivel Medio)
NOKEN N4 (nivel Básico)
NOKEN N5 (nivel Básico-plataforma)

A gran novidade deste ano é que, ademáis de Madrid e Barcelona, Santiago de Compostela acollerá a celebración deste exame. 


Para máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/clm/noken.html

0 件のコメント: