2012年3月5日月曜日

Clase Maxistral de Cultura Xaponesa en Santiago de Compostela/サンティアゴ·デ·コンポステーラの日本文化のためのマスタークラス

Con motivo do primeiro aniversario do terremoto e posterior tsunami do 11 de Marzo en Xapón, este xoves día 8 terá lugar un acto conmemorativo na facultade de Dereito da USC (Santiago de Compostela). Entre as 16.30h e as 20.30h a facultade acollerá unha clase de Ikebana (arte floral xaponés) da man da mestra Eriko Murata, a proxección dun documental sobre a catástrofe e unha clase de conversación en xaponés da man de Minako Takahashi, profesora de xaponés do CLM.


0 件のコメント: