2011年11月8日火曜日

Origami / 折り紙

 Hoxe presentámosvos cómo facer unha grúa de papel.


 Maneira de facer a “grúa”




1. Dobrar un papel de forma cadrada pola metade en diagonal.
2. Dobrar novamente á metade e marcar ben.
3. Dobrar unha vez máis, marcar ben e desdobrar para facilitar o seguinte paso.
4. Desdobrar e levantar un extremo para que esa diagonal se superpoña na diagonal central (da forma triangular á forma cadrada).
5-6. Repetimos o paso 4 do outro lado.  
7. Dobramos os lados cara ao centro, e
8. logo marcamos o extremo superior. Desdobrar.
9. Levantamos o extremo inferior e dobramos polas liñas que marcamos no paso anterior. Este paso é importante que se faga amodo e con paciencia.
10. Repetimos do outro lado. A forma cambia como un rombo.
11. Dobramos os extremos (a parte inferior) cara ao centro. Repetimos do outro lado.
12. Levantamos as dúas “patiñas”, que en realidade serán o rabo e o pescozo da grúa, cara aos costados. Marcar ben forte e desdobrar. E agora, abrimos un dos lados e dobramos novamente a “patiña” pero cara dentro. O que estaba dobrado cara a un lado, o dobramos de forma contraria. Facemos isto con ámbalas dúas “patas”.
13. Eleximos un dos lados para que sexa a cabeza da grúa. Dobramos a punta cara dentro, como fixemos no paso anterior coas “patas”.
14. Con coidado abrimos as ás cara aos lados, de forma que se “infle” o centro.

0 件のコメント: