2012年11月7日水曜日

Xapón en Cineuropa 2012/2012年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de dúas películas xaponesas: "The land of Hope" e "Like Someone in Love". Prezo: 4€. 今年のシネウロパ(Cineuropa)では「希望の国」ライク・サムワン・イン・ラブの邦画2作が上映されます。1映画4ユーロです。お得な回数券もあるようです。


* THE LAND OF HOPE /「希望の国

Director/監督: Shion Sono / 園 子温

P. web oficial/公式ウェブサイトwww.kibounokuni.jp

SinopseSituado en 2013, en Xapón terá lugar un terrible terremoto que provocará un desastre nuclear. Cerca do accidente viven os nosos protagonistas que terán que deixar o seu fogar atrás para buscar unha nova terra na que, como reza o título, atopar esperanza. 

Trailer (予告編)www.youtube.com/watch?v=9Nnt6yFyPrM

Horario: Días 22 (ás 23:30h no Teatro Principal) e 25 (ás 22:00h no Teatro Principal) de Novembro.


上映日:11月22日(木)23:30〜 @Teatro principal, 25日()22:00〜 @Teatro Principal




* LIKE SOMEONE IN LOVE /ライク・サムワン・イン・ラブ

Director/監督: Abbas Kiarostami

P. web oficial/公式ウェブサイト:www.imdb.com/title/tt1843287/

SinopseUnha moza estudante debe prostituirse para poder pagar os estudos. Nun deses servizos coñecerá un ancián erudito, cuxa grande amabilidade fará que estas dúas persoas de distintas soidades se aproximen. 

Trailer
 (予告編)www.youtube.com/watch?v=7pldnaSGSyY

Horario: Días 28 (ás 19:30h no Teatro Principal), 29 (ás 21:45h no Teatro Principal) e 30 (ás 18:00h no Teatro Principal) de Novembro.

上映日:11月28日()19:30〜 @Teatro principal, 29日()21:45〜 @Teatro Principal, 30日(金)18:00〜 @Teatro Principal

2012年9月3日月曜日

O músico Yuki Kojima recolle a súa nova gaita en Ponteareas

Os irmáns Gil entréganlle a gaita a Yuki Kojima en presencia do gaiteiro X. M. Budiño / EL PAÍS

O gaiteiro xaponés Yuki Kojima recolleu o 27 de Agosto en Ponteareas (Pontevedra) unha gaita valorada en máis de 4.000 euros que o artista encargou ós artesáns galegos Obradoiro de Gaitas Gil. A gaita é similar ás utilizadas por Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño, con madeira de granadillo, anillada en prata e terminacións realizadas en imitación a marfil.

Deixámosvos unha actuación do gaiteiro xaponés das moitas que podedes atopar no seu canal de youtube:

2012年8月25日土曜日

Exame NOKEN na Universidade de Santiago de Compostela



O 3 de Setembro ábrese o prazo de matriculación do exame NOKEN (Nihongo Nōryoku Shiken), un exame oficial de nivel para valorar o coñecemento da lingua xaponesa. Este exame organízase a nivel mundial a través da Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés. O exame realízase unha vez ó ano en España e celébrase o primeiro domingo de Decembro de cada ano.

O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e un importante valor curricular á hora de formarse en universidades xaponesas, solicitar becas educativas ó goberno xaponés ou buscar traballo en empresas xaponesas.  


NIVEIS:

NOKEN N1 (nivel Avanzado)

NOKEN N2 (nivel Medio alto)
NOKEN N3 (nivel Medio)
NOKEN N4 (nivel Básico)
NOKEN N5 (nivel Básico-plataforma)

A gran novidade deste ano é que, ademáis de Madrid e Barcelona, Santiago de Compostela acollerá a celebración deste exame. 


Para máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/clm/noken.html

2012年5月28日月曜日

Semana Cultural de Xapón en Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acollerá do 4 ó 7 de Xuño a "Semana Cultural de Xapón". O programa recolle varias actividades, todas elas gratuítas, destinadas a amosar a cultura xaponesa ós composteláns.


2012年3月20日火曜日

Nova tenda de productos xaponeses en Compostela, "Nippon Store"/サンティアゴ・デ・コンポステーラの新しい日本食料品店、「ニッポンストア」

C/ Fernando III El Santo, 20 

O pasado sábado 17 de Marzo abriu en Compostela unha nova tenda de productos 100% xaponeses. Chámase Nippon Store e está situada na zona nova, ó lado de Zumolandia e os cines Valle-Inclán.


先日3月17日(土)、サンティアゴ・デ・コンポステーラに日本の食料品(海外で生産された日本食、日本製品を含みます)を取り扱う新しいお店が開店しました。Nippon Store というお店で、新市街、Zumolandia Valle-Inclán という映画館の近くにあります。

2012年3月11日日曜日

がんばって日本!



"A natureza ten un poder destrutor terrible. E a natureza tamén ten un poder positivo e creativo. Sempre hai beleza e terror na natureza, pero esquecemos o terror. As plantas continúan aí resistindo, polo que nós os seres humanos deberíamos facelo tamén" (The Tsunami and the Cherry Blossom, by Lucy Walker)

2012年3月5日月曜日

Clase Maxistral de Cultura Xaponesa en Santiago de Compostela/サンティアゴ·デ·コンポステーラの日本文化のためのマスタークラス

Con motivo do primeiro aniversario do terremoto e posterior tsunami do 11 de Marzo en Xapón, este xoves día 8 terá lugar un acto conmemorativo na facultade de Dereito da USC (Santiago de Compostela). Entre as 16.30h e as 20.30h a facultade acollerá unha clase de Ikebana (arte floral xaponés) da man da mestra Eriko Murata, a proxección dun documental sobre a catástrofe e unha clase de conversación en xaponés da man de Minako Takahashi, profesora de xaponés do CLM.


2011年12月5日月曜日

ARE YOU IN? Cursos internacionais da USC 2012/2012年サンティアゴ・デ・コンポステーラ大学の国際コース


Facilitámosvos o folleto dos Cursos Internacionais da USC para o próximo ano 2012 en xaponés. Os Cursos Internacionais son cursos de español para os estudantes estranxeiros residentes en Santiago de Compostela ou para os estudantes que queiran vir a Santiago a estudar español.
* Os antigos estudantes teñen un 10% de desconto. 
サンティアゴ・デ・コンポステーラ大学国際コース (Cursos Internacionales)の2012年のパンフレットがでました!

国際コースはサンティアゴに住む留学生やスペイン語をサンティアゴで勉強したい学生のためのスペイン語コースです。

以前国際コースを受講したことがある学生は10%OFFになるようです。

ARE YOU IN?

※今回もパンフレットに「C2(最上級)」のコースがあると書いてありますが、現在C1までしか開講されていないようです(2011年9月時点)。上級コース受講を希望される方は注意してください。事前に直接連絡して確認されることをおすすめします。

2011年11月8日火曜日

Origami / 折り紙

 Hoxe presentámosvos cómo facer unha grúa de papel.


 Maneira de facer a “grúa”




1. Dobrar un papel de forma cadrada pola metade en diagonal.
2. Dobrar novamente á metade e marcar ben.
3. Dobrar unha vez máis, marcar ben e desdobrar para facilitar o seguinte paso.
4. Desdobrar e levantar un extremo para que esa diagonal se superpoña na diagonal central (da forma triangular á forma cadrada).
5-6. Repetimos o paso 4 do outro lado.  
7. Dobramos os lados cara ao centro, e
8. logo marcamos o extremo superior. Desdobrar.
9. Levantamos o extremo inferior e dobramos polas liñas que marcamos no paso anterior. Este paso é importante que se faga amodo e con paciencia.
10. Repetimos do outro lado. A forma cambia como un rombo.
11. Dobramos os extremos (a parte inferior) cara ao centro. Repetimos do outro lado.
12. Levantamos as dúas “patiñas”, que en realidade serán o rabo e o pescozo da grúa, cara aos costados. Marcar ben forte e desdobrar. E agora, abrimos un dos lados e dobramos novamente a “patiña” pero cara dentro. O que estaba dobrado cara a un lado, o dobramos de forma contraria. Facemos isto con ámbalas dúas “patas”.
13. Eleximos un dos lados para que sexa a cabeza da grúa. Dobramos a punta cara dentro, como fixemos no paso anterior coas “patas”.
14. Con coidado abrimos as ás cara aos lados, de forma que se “infle” o centro.

Xapón en Cineuropa 2011/2011年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de catro películas xaponesas: "I wish", "Cold Fish", "Guilty of romance" e "Love exposure". Prezo: 3€.

今年のシネウロパ(Cineuropa)では「奇跡」「冷たい熱帯魚」「恋の罪」「愛のむきだし」の邦画4作が上映されます。1映画3ユーロです。お得な回数券もあるようです。


* I WISH /奇跡
Director/監督Hirokazu Koreeda / 是枝裕和
P. web oficial/公式ウェブサイトkiseki.gaga.ne.jp

Sinopse Cineuropa:

Koichi vive coa súa nai e mais os avós en Kagoshima, ao sur da illa de Kyushu. O seu irmán pequeno, Ryunosuke, vive co pai en Hakata, ao norte de Kyushu. O divorcio dos seus pais separounos, pero Koichi só quere que volvan estar xuntos. Cando sabe que un novo tren bala a punto de inaugurarse vai unir as dúas cidades, empeza a crer que ocorrerá un milagre no momento en que os trens se crucen a toda velocidade.

Trailer (予告編): www.youtube.com/watch?v=fKnMOd7KRuA

Horario: Días 10 (ás 20:15h no Teatro Principal), 12 (ás 22:00h no Teatro Principal) e 14 (ás 20:00h no Salón Teatro) de Novembro.

上映日:11月10日(木)20:15〜 @Teatro principal, 12日(土)22:00〜 @Teatro Principal, 14日20:00〜 @Salón de Teatro



* COLD FISH /冷たい熱帯魚

Director/監督: Shion Sono / 園 子温
P. web oficial/公式ウェブサイトwww.coldfish.jp

Sinopse Cineuropa:

Sion Sono, cineasta e poeta da visceralidade nihilista (ou do nihilismo visceral), volve transitar o mellor cinema subversivo: aquel que divirte e perturba a partes iguais. O señor Shamoto rexenta unha modesta tenda de peixes e leva unha vida aparentemente estable xunto á súa segunda muller e a súa filla, ata que irrompe Murata, dono dun luxoso negocio ictícola abarrotado de adorables dependentas adolescentes. A simpatía de Murata, e os seus irresistibles alardes materialistas, non tardarán en seducir a familia, aínda que Shamoto axiña descobre  que a amabilidade desmesurada e o sorriso constante esconden segredos turbios e sanguentos.

Horario: Días 27 (ás 23:15h no Teatro Principal) e 28 (ás 16:00h no Teatro Principal) de Novembro.

上映日:11月27日(日)23:15〜 @Teatro Principal, 28日(月)16:00〜 @Teatro Principal



* GUILTY OF ROMANCE/恋の罪

Director/監督: Shion Sono / 園 子温
P. web oficial/公式ウェブサイトwww.koi-tumi.com

Sinopse Cineuropa:

A historia trata de tres mulleres moi diferentes, unha detective, unha profesora e unha ama de casa, vinculadas dalgún xeito estraño, desde o momento en que cada una delas trata de se afastar da rutina diaria e expresar os desexos máis internos.

Horario: Días 27 (ás 21:15h no Teatro Principal) e 28 (ás 18:30h no Teatro Principal) de Novembro.

上映日:11月27日(日)21:15〜 @Teatro Principal, 28日(月)18:30〜 @Teatro Principal


* LOVE EXPOSURE /愛のむきだし

Director/監督: Shion Sono/園 子温
P. web oficial/公式ウェブサイトwww.ai-muki.com

Sinopse Cineuropa:
O mozo Yu (Nishijima Takahiro) medrou no seo dunha familia católica. Vive co seu pai, que despois de enviuvar se fixo sacerdote pero enfronta as tentacións do mundo terreal. El mesmo empeza a desenvolver un hobby secreto: deambular pola cidade na procura de mozas fermosas e roubarlles fotos das súas entrepernas.
No medio de semellante festival do contrapicado coñece a Yoko (Mitsushima Hikari), unha moza karateka que o engaiola... pero é a filla dunha íntima amiga do seu pai. De pronto un estraño culto relixioso interfire nas súas vidas e afasta a Yu dos seus…

E isto é só o comezo do último capricho do director de Suicide Club, un magnum opus de catro horas de duración! que salta dun xénero para outro nun éxtase bulímico e demoledor. Herexía, sangue a chorros, lesbianismo, espadas samurai… Que máis se pode pedir? Ah, si: di Sono que «o máis importante é o amor».


Horario: Día 2 de Decembro, incluída dentro do "Maratón" (proxección de 10 películas seguidas sen descanso), que comeza ás 20:15h no Teatro Principal.

上映日:12月2(金)20:15〜 @Teatro Principal 
※"マラトン"という長時間上映(休憩無しの10作品連続上映)の中に含まれています。