Benvidos á páxina oficial do grupo Galicia + Xapón para o intercambio cultural entre galegos e xaponeses. Neste blog publicaránse informacións acerca de ámbolos dous países, así como datos de contacto para axudar ós xaponeses que veñan a estudiar a Galicia e ós españois que vaian estudiar ó Xapón. 日本ガリシア交流会公式ウェブサイトです。 日本ガリシア交流会では、ガリシアに駐在または留学する日本人と現地人の交流、また日本に来るガリシア人との交流促進を目的に活動しています。
2011年8月27日土曜日
Acto solidario coas víctimas do terremoto de Xapón en O Grove
2011年3月15日火曜日
ガリシアは、日本のために祈る。勇気!

- Grupo de Facebook creado por estudiantes xaponeses en Compostela:
www.facebook.com/groups/ayuda.para.japon.desde.santiago
- Grupo de Facebook mail:
ayuda.para.japon.desde.santiago [arroba] groups.facebook.com
2010年6月6日日曜日
Toru Sonoda na XXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros 2010
Web do artista: www.bagpipesonoda.eu
2009年11月7日土曜日
Sakamoto Ryuichi en Compostela
O ciclo musical 'Sons da diversidade' trae a Santiago de Compostela ao compositor xaponés Ryuichi Sakamoto, coñecido por ser autor de bandas sonoras para películas como 'Benvido Mr. Lawrence', 'O Último Emperador' ou 'O Ceo Protector'.Ryuichi Sakamoto chega a Santiago para presentar o seu primeiro álbum en solitario en cinco anos, titulado 'Playing the Piano', e dentro da súa primeira xira en solitario desde hai case unha década.
13.11.2009 - 21.00 h
Taquilla 15 €
Fonte: Santiago Turismo
Páxina web oficial do artista: www.sitesakamoto.com
Prensa:
- "Toco el piano y el ordenador portátil con toda naturalidad"
- "No soy un predicador. Quiero que los oyentes usen su imaginación al escuchar mi música"
- "Carlos Núñez no quiso cobrar en nuestras colaboraciones"
2009年11月4日水曜日
Xapón en Cineuropa 2009 / 2009年シネウロパにて邦画公開
*TOKYO SONATA /「トウキョウソナタ」:
Director/監督: Kiyoshi Kurosawa/黒沢 清P. web oficial/公式ウェブサイト: tokyosonatamovie.com
Sinopse Cineuropa:
Tokyo sonata é o retrato dunha familia xaponesa aparentemente normal. O pai que de repente perde o traballo ocúltalle a verdade á súa familia; o fillo maior que está no instituto apenas pasa pola casa; o fillo máis novo toma leccións de piano ás agachadas sen llelo dicir aos seus pais; e a nai, que sabe que o seu papel é manter a familia unida, non atopa suficientes ganas para o facer. Dalgún modo, un profundo abismo apareceu dentro da familia, e esténdese rápida e silenciosamente para desintegralos.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=lyWp__jXNRw
*MEGANE (Gafas) / 「めがね」:
Director/監督: Naoko Ogigami /荻上直子P. web oficial/公式ウェブサイト: www.vap.co.jp/megane
Sinopse Cineuropa:
Unha historia que redescobre o pracer das cousas sinxelas e o estimulante que pode ser perder o tempo contemplando a liña do horizonte. A protagonista verá como cambia a súa vida a partir do encontro cunha misteriosa muller que semella que marca o ritmo vital dos personaxes que habitan a praia, na que os móbiles non funcionan e durmir a sesta é case obrigatorio.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5AFvUOOMrKs
*SENJO NO MERRY CHRISTMAS (Bo Nadal, Mr Lawrence) / 「戦場のメリークリスマス」
Director/監督: Nagisa Oshima/大島 渚P. web/ウェブサイト: www.imdb.com/title/tt0085933
Sinopse Cineuropa:
Durante a Segunda Guerra Mundial o soldado británico Jack Celliers (David Bowie) chega a un campo de prisioneiros xaponés. O comandante do campo cre firmemente en valores como a disciplina, o honor e mais a gloria. Na súa opinión os soldados aliados son uns covardes cando se entregan no canto de se suicidaren. Un dos prisioneiros trata de lles explicar aos compañeiros a forma de pensar dos xaponeses, pero
estes considérano un traidor.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=7JTroFovUXw
*NANAYOMACHI (Nanayo) / 「七夜待」
Director/監督: Naomi Kawase/河瀨直美,P. web oficial/公式ウェブサイト: www.nanayomachi.com
Sinopse Cineuropa:
Unha muller nova deixa o traballo e mais a súa parella en Xapón para empezar unha nova vida en Thailandia. A película detalla o encontro de diversos personaxes de diferente nacionalidade nunha escola de masaxes en medio da selva tailandesa. A falta dunha linguaxe común, a arte tradicional da masaxe será o vínculo entre uns personaxes que acabarán formando unha estraña e feliz familia.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5g2KGj9cIik
*AI NO MUKIDASHI (Love Exposure) / 「愛のむきだし」
Director/監督: Sion Sono/園 子温P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ai-muki.com
Sinopse Cineuropa:
O mozo Yu (Nishijima Takahiro) medrou no seo dunha familia católica. Vive co seu pai, que despois de enviuvar se fixo sacerdote pero enfronta as tentacións do mundo terreal. El mesmo empeza a desenvolver un hobby secreto: deambular pola cidade na procura de mozas fermosas e roubarlles fotos das súas entrepernas.
No medio de semellante festival do contrapicado coñece a Yoko (Mitsushima Hikari), unha moza karateka que o engaiola... pero é a filla dunha íntima amiga do seu pai. De pronto un estraño culto relixioso interfire nas súas vidas e afasta a Yu dos seus…
E isto é só o comezo do último capricho do director de Suicide Club, un magnum opus de catro horas de duración! que salta dun xénero para outro nun éxtase bulímico e demoledor. Herexía, sangue a chorros, lesbianismo, espadas samurai… Que máis se pode pedir? Ah, si: di Sono que «o máis importante é o amor».
Trailer: www.youtube.com/watch?v=5Fxa5NuVrqU
*GAKE NO UE NO PONYO (Ponyo no acantilado) / 「崖の上のポニョ, '' Gake no Ue no Ponyo''」
Director/監督: Hayao Miyazaki/,宮崎駿P. web oficial/公式ウェブサイト: www.ghibli.jp/ponyo
Sinopse Cineuropa:
Sosuke, un meniño de cinco anos, vive no máis alto dun acantilado que dá ao mar. Unha mañá, mentres xoga nunha praia rochosa que hai debaixo da súa casa, tropeza cunha «peixiña» de cores que se chama Ponyo e que ten a cabeza atascada nun tarro de marmelada. Sosuke rescátaa e gárdaa nun caldeiro verde de plástico.
Ponyo e Sosuke senten unha fascinación mutua. El dille: «Non te preocupes, heite protexer e coidar». Con todo, o pai de Ponyo, Fujimoto, que noutro tempo foi humano e agora é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano, obrígaa a que regrese con el ás profundidades do mar. «Quero ser humana!», exclama Ponyo e, decidida a se converter nunha nena e regresar con Sosuke, escapa.
Ponyo no acantilado é unha aventura máxica sobre a forza da amizade e o poder da natureza que traslada á gran pantalla a particular visión do director sobre o conto da Sereíña.
Trailer: www.youtube.com/watch?v=MXI7x6ExPuc
2009年3月25日水曜日
GaliciaXapón en Facebook
A partir de agora, as nosas actividades organizaránse a través do noso grupo en Facebook. Se eres estudante de xaponés do CLM en Santiago de Compostela, da EOI de Vigo ou da EOI de Coruña, ou estudante xaponés de intercambio en Galicia, non dubides en unirte!
2009年3月12日木曜日
Haruki Murakami en Santiago de Compostela
O escritor xaponés Haruki Murakami estivo onte, mércores 11 de Marzo, en Santiago de Compostela para recibir o premio San Clemente e presentar o seu novo libro "Do que estou a falar cando falo de correr", traducido ó galego pola Editorial Galaxia.Murakami fixo gala do seu gran sentido do humor durante a súa charla no Café Casino, onde firmou libros a tódolos presentes e se deixou fotografar cos seus fans.
LINKS
- La Voz de Galicia: Entrevista a Haruki Murakami
- La Voz de Galicia: Resumo da charla no Café Casino
- El País: "Una cena gallega con Murakami"
- El País: "No tengo un plan cuando escribo. Una escena y unas palabras"
- O Correo Galego: "Cumbre de escritores en Santiago"
- El Periódico: "Murakami recibe un premio de los escolares gallegos"
- Soitu: "Murakami afirma que escribrir y correr le permiten encontrar la soledad"
FOTOS
2008年12月13日土曜日
4º Cea Galicia + Xapón: Menú/第4回日本ガリシア交流会~献立~
A 4º Cea Galicia + Xapón, que tivo lugar o 11 de Decembro, contou en total con 19 asistentes (6 xaponeses e 13 galegos). O menú do que desfrutamos foi este:
12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されました。参加者は19名(日本人6名、ガリシア人13名)。献立は以下のようなものでした。
COMIDA XAPONESA/和食
* Maki de ensalada/巻き寿司
* Okonomiyaki/お好み焼き
* Arroz con salsa de curry/カレーライス
* Niku Jaga/肉じゃが
COMIDA ESPAÑOLA/スペイン料理
* Tortilla de patacas/トルティージャ(スペイン風オムレツ)
* Empanada de zamburiñas/サンブリーニャ貝のエンパナーダ(パイ皮包み揚げ)
* Polo ó xenxibre/鶏の生姜焼き
* Molete de pan/ロールパン
POSTRES/デザート
* Tarta de queixo/チーズケーキ
* Tarta de chocolate/チョコレートケーキ
* Arroz con leite/アロース・コン・レチェ
* Filloas/フィジョーア(ガリシア風クレープ)
* Panacotta/パンナコッタ
* Leite fritida/レチェ・フリッタ(牛乳を揚げたデザート)
2008年12月9日火曜日
4ºCena Galicia+Xapón/第4回日本ガリシア交流会
La 4º cena de intercambio gastronómico Galicia+Xapón (la primera del curso 08/09) tendrá lugar el día 11 de Diciembre, a partir de las 20:30h, en Santiago de Compostela.
来る12月11日、第4回日本ガリシア交流会が開催されます!今年度初めての夕食会はサンティアゴにて20時半開始です。
Los interesados pueden enviarnos un email solicitando más información a: galiciaxapon arroba gmail.com
興味のある方は、galiciaxaponあっとまーくgmail.comにご連絡ください☆
Itadakimasu!
2008年11月27日木曜日
Expo "Galicia Dixital"/「ガリシア・デジタル」展


"Galicia Dixital" é unha exposición permanente que se pode visitar no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
A exposición amósanos Galicia, sobretodo o casco vello de Santiago de Compostela, dende un punto de vista dixital e audiovisual con imaxes en tres dimensións.
Armados cunhas gafas 3D con filtros polarizadores, os visitantes poden desfrutar dun paseo polas distintas prazas do casco vello, dunha viaxe en montaña rusa a través das rúas da cidade grazas a un simulador, dunha viaxe submarina polas rías de Galicia ou dunha viaxe polos Ancares guiados por un urogalo. Tamén poderán exercer de tiraboleiros virtuais e mover o botafumeiro da Catedral de Santiago ou mover a auga dunha fonte virtual sen tocala.
3D偏光メガネをかけることで、旧市街の広場や、市街をジェットコースターで巡る旅、ガリシアのリアス(溺れ谷)の潜水映像、大雷鳥にガイドされながらのアンカーレスの旅などを楽しむことができます。また、バーチャルでサンティアゴ大聖堂のティラボレイロを引っ張り、ボタフメイロ(巨大な香炉)を動かすことができます。さらに、泉の水を触らずに動かすこともできます。
Os horarios son os seguintes/開館時間:
- de Luns a Sábado:/月曜~土曜 10:30h -14:00h / 16:00h - 20:30h
- últimos pases/最終入場時刻: 13:00h / 19:30h
- os Domingos/日曜閉館: pechado
