2014年2月19日水曜日

Concurso de Teatro en Xaponés na USC / USCで日本語劇コンクール

O mércores 26 de Febreiro celébrase na USC un Concurso de Teatro en Xaponés.
2月26日に、USCで日本語劇コンクールがあります。




Máis información:

2013年6月1日土曜日

Ano Dual España-Xapón / 日本スペイン交流400周年


A partires de Xuño de este ano 2013 comeza o chamado "Ano Dual España-Xapón" en conmemoración dos 400 anos de relacións bilaterais. Durante este ano e o vindeiro 2014 realizaránse en ámbolos dous países numerosas actividades e eventos culturais.

Vídeos promocionais en castelán e xaponés





Calendario de actividades en Galicia

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago no Xapón / 日本カミーノ・デ・サンティアゴ友の会



日本カミーノ・デ・サンティアゴ友の会は、日本におけるカミーノ・デ・サンティアゴ聖地巡礼の情報を提供するセンターです。サンティアゴ巡礼体験者の横のつながりを広げると共に、日本から提案できるカミーノに関わる活動を模索し実行します。



2013年3月25日月曜日

Curso de galego para xaponeses/ガリシア語講座


Interesante blog creado polo noso fundador, Masashi, para ensinar galego ós seus compatriotas.



2012年11月7日水曜日

Xapón en Cineuropa 2012/2012年シネウロパにて邦画公開

A edición de Cineuropa deste ano acolle a proxección de dúas películas xaponesas: "The land of Hope" e "Like Someone in Love". Prezo: 4€. 今年のシネウロパ(Cineuropa)では「希望の国」ライク・サムワン・イン・ラブの邦画2作が上映されます。1映画4ユーロです。お得な回数券もあるようです。


* THE LAND OF HOPE /「希望の国

Director/監督: Shion Sono / 園 子温

P. web oficial/公式ウェブサイトwww.kibounokuni.jp

SinopseSituado en 2013, en Xapón terá lugar un terrible terremoto que provocará un desastre nuclear. Cerca do accidente viven os nosos protagonistas que terán que deixar o seu fogar atrás para buscar unha nova terra na que, como reza o título, atopar esperanza. 

Trailer (予告編)www.youtube.com/watch?v=9Nnt6yFyPrM

Horario: Días 22 (ás 23:30h no Teatro Principal) e 25 (ás 22:00h no Teatro Principal) de Novembro.


上映日:11月22日(木)23:30〜 @Teatro principal, 25日()22:00〜 @Teatro Principal




* LIKE SOMEONE IN LOVE /ライク・サムワン・イン・ラブ

Director/監督: Abbas Kiarostami

P. web oficial/公式ウェブサイト:www.imdb.com/title/tt1843287/

SinopseUnha moza estudante debe prostituirse para poder pagar os estudos. Nun deses servizos coñecerá un ancián erudito, cuxa grande amabilidade fará que estas dúas persoas de distintas soidades se aproximen. 

Trailer
 (予告編)www.youtube.com/watch?v=7pldnaSGSyY

Horario: Días 28 (ás 19:30h no Teatro Principal), 29 (ás 21:45h no Teatro Principal) e 30 (ás 18:00h no Teatro Principal) de Novembro.

上映日:11月28日()19:30〜 @Teatro principal, 29日()21:45〜 @Teatro Principal, 30日(金)18:00〜 @Teatro Principal

2012年9月3日月曜日

O músico Yuki Kojima recolle a súa nova gaita en Ponteareas

Os irmáns Gil entréganlle a gaita a Yuki Kojima en presencia do gaiteiro X. M. Budiño / EL PAÍS

O gaiteiro xaponés Yuki Kojima recolleu o 27 de Agosto en Ponteareas (Pontevedra) unha gaita valorada en máis de 4.000 euros que o artista encargou ós artesáns galegos Obradoiro de Gaitas Gil. A gaita é similar ás utilizadas por Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño, con madeira de granadillo, anillada en prata e terminacións realizadas en imitación a marfil.

Deixámosvos unha actuación do gaiteiro xaponés das moitas que podedes atopar no seu canal de youtube:

2012年8月25日土曜日

Exame NOKEN na Universidade de Santiago de Compostela



O 3 de Setembro ábrese o prazo de matriculación do exame NOKEN (Nihongo Nōryoku Shiken), un exame oficial de nivel para valorar o coñecemento da lingua xaponesa. Este exame organízase a nivel mundial a través da Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés. O exame realízase unha vez ó ano en España e celébrase o primeiro domingo de Decembro de cada ano.

O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e un importante valor curricular á hora de formarse en universidades xaponesas, solicitar becas educativas ó goberno xaponés ou buscar traballo en empresas xaponesas.  


NIVEIS:

NOKEN N1 (nivel Avanzado)

NOKEN N2 (nivel Medio alto)
NOKEN N3 (nivel Medio)
NOKEN N4 (nivel Básico)
NOKEN N5 (nivel Básico-plataforma)

A gran novidade deste ano é que, ademáis de Madrid e Barcelona, Santiago de Compostela acollerá a celebración deste exame. 


Para máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/clm/noken.html